27 jul. 2011

Trogloditas

... pois resulta que o outro día, visitounos unha muller, por certo xoven e moi guapa, e que aínda que (e isto en plan cotilla) viña cunha vestimenta do máis estrafalaria e non moi axeitada para estas datas, cuberta cunhas peles, cremos que de  tigre;  impresionounos, pero intentamos que non se notara, e atendémola moi ben como facemos sempre (inda que isto non deberiamos dicilo nos).

Ela mostrouse tamén moi correcta e educada, o que confirma que a educación non está reñida coa apariencia dunha persoa, pero ben,  ó gran : ela quería saber se nós lle fariamos unhas carpetas, e ensinounos unha mostra: Amig@!!, facialle xogo co vestido e entón comezamos  entender do que se trataba!!. A carpeta era  -para que vos fagades unha idea- un trozo de pel (de tigre?) dobrada e atada cunha corda!!!


Aquela moza tan guapa, confirmounos  o que nós comezabamos imaxinar: era dunha tribu de TROGLODITAS, si, si, de TRO GLO DI TAS, vaia dos que viven nas cavernas. Non dabamos crédito!!. Contounos que a súa tribu estaba formada por ela e outros tres que nese intre saíran de caza, e por iso non viñeran (menos mal, porque se chegan vir todos xuntos, morremos do susto); a tribu polo visto chámase " OS TANXARINA", e son nómadas... móvense de aquí para alá, de pobo en pobo, seica que non hai moito estiveron por Saxamonde. 

Feitas todas as aclaracións, falamos do encargo que viña facer, e puxémonos ó chollo, así que agora mesmo estamos a tope rematando o encargo. Aquí vos deixamos unhas fotos para que o vexades.










3 comentarios:

  1. A Troglodita esa que vos foi pola rúa Prego de Montao, xoven, educada e moi guapa non se chamaría Vilma Picapedra, non??Se así fose darlle recordos de Petronila Rocanegra cando vaia a recoller o pedido.

    ResponderEliminar
  2. Non,non era Vilma, era Betty Marmol, a moza de Pablo.

    ResponderEliminar