11 nov. 2011

Obradoiro de Gravado

En pouco tempo pasamos do vrán o inverno, e o que non fai nada parecia lonxano, témolo agora ás portas: as festas de Nadal, o cambio de ano.... 


No Centro Ocupacional Lenda puxémonos  a traballar para ter a punto as tarxetas coas que desexarlles ós nos@s amig@s que 2012 sexa un BO ANO.


Deseñamos os motivos, gravámolos nas pranchas de linoleo, fixemos probas de impresión e retoques de última hora e xa estamos en disposición de imprimilas.


Se tí que estás lendo isto, tes pensado felicitar @s teus amig@s, coñecid@s, clientes, e queres facelo dun xeito tradicional, que mellor que cunha traxeta feita artesanalmente.

Non o deixes para última hora!!!, chámanos o 886 11 74 19 ou envíanos un correo a lendaco@gmail.com e sen compromiso darémosche presuposto.

Como podes ver nas fotos,os gravados levan un papel vexetal por riba, neste papel imprimiríamos o texto da falicitación.

Esperamos que vos gusten!!!! 

2 comentarios:

  1. Son moi lindos, noraboa a todos e a todas. Pasareime polo voso Cetro.

    ResponderEliminar